PRESENTACION NARRATIVAS DIGITALES





O coordinador do proxecto "narrativas dixitais", Juan Freire e parte do seu equipo Duarte Fernandez e Ines Naya reuneuse o día 24 de xuño co grupo de 16 rapaces participantes co fin de facer a presentación do taller , os seus obxetivos e a sua metodoloxia , e utilizaron a sua experiencia en Garapúa para ilustrarlles como se podía desenvolver en Aguiño....>>máis

mais información>>http://ecoarte.info/narrativas/category/aguino/aguino-preparativos/

CAMPAMENTOS DE VERAN


A Asociación Xuvenil Arrecó e as Concellerías de Cultura e Xuventude do Concello de Riveira organizan conxuntamente os Campamentos de Verán para este ano 2010.

Haberá dous campamentos:
- Campamento A Miña Primeira Aventura.
Lugar: Albergue Rianxiño (Rianxo).
Datas: Do 24 ao 28 de agosto.
Idades: De 6 a 9 anos.
Prezo: 75 €

- Campamento de Integración.
Lugar: Campamento Xuvenil de Pontemaril en Forcarei (Pontevedra).
Datas: Do 18 ao 29 de agosto.
Idades: De 10 a 17 anos.
Prezo: 135 €

Máis información e inscricións:
Auditorio Municipal
Tel. 981 83 56 50

ASEMBLEA ANPA SAN ROQUE

CONVOCATORIA ASEMBLEA
A XUNTA DIRECTIVA da ANPA SAN ROQUE convoca a todos os socios á asemblea que terá lugar o vindeiro mércores día 23 de xuño ás 18:30 na biblioteca do I.E.S LELIADOURA ca seguinte orde do día:
1.Lectura e aprobación da acta anterior.
2.Estado de contas.
3.Actividades, viaxes e subvencións.
4.Programa préstamo de libros e biblioteca
5.Rogos e preguntas.

Esperamos contar coa vosa asistencia.
Frions, 10 de xuño 2010