REUNION : SECCIÓNS BILINGÜES

A DIRECCIÓN DO I.E.S. LELIADOURA CONVOCA A TODOS OS PAIS/NAIS A REUNIÓN QUE TERÁ LUGAR O MÉRCORES 21 DE ABRIL , ÁS 18:30 HORAS, NA BIBLIOTECA DO CENTRO PARA INFORMAR SOBRE AS SECCIÓNS BILINGÜES PARA O CURSO 2010/2011

club de lectura: MARTIN EDEN

MARTIN EDEN de Jack London
Un mariñeiro de vinte anos, forte, guapo e curtido, cun historial de delincuencia e traballo rudo, é invitado case por accidente a cear nun fogar pequeno burgués. El, que só viu un óleo nos escaparates das tendas, que non ten nin idea do que é un lavafrutas, queda fascinado ante o que os seus ollos [...]

club de lectura :LA JAULA DE ORO


LA JAULA DE ORO de Shirin Ebadi



Esta novela narra a historia dunha familia dividida pola Revolución e unida nun destino tráxico, o do seu país, Irán. Pero é tamén a historia dunha amizade entre nenas xurdida dun puñado de doces de améndoa que sobreviviu indemne aos impetuosos anos da infancia e á inquietude da adolescencia a través dunhas cartas que viaxaban [...]

OS CLUBS DE LECTURA NO ATENEO DO PLAZA

Xuntanza de todos os clubs de lectura dos tres institutos de Ribeira : NÚMERO 1 , COROSO e LELIADOURA na presentación do libro de Manuel Jabois "A estación violenta" no Ateneo do Plaza.

CHARLA: COMUNICACION NA FAMILIA

ANPA SAN ROQUE


O vindeiro mércores 17 de marzo, ás 19:00 horas, na biblioteca do IES Leliadoura terá lugar unha Charla baixo o título Comunicación na familia impartida por unha psicóloga da Asociación Renacer.
Esta charla está dirixida aos pais e nais do alumnado do noso centro e organizada pola ANPA en colaboración co Departamento de Orientación do centro.

Agardamos contar coa vosa asistencia

FESTIVAL DE VARIEDADES

Instrucións en relación á previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos

Instrucións en relación á previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos
Mar, 23/02/2010 - 14:30 As previsións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior anuncian para os vindeiros días 24 e 25 fenómenos meteorológicos adversos por intensas choivas (nivel laranxa) con precipitacións persistentes e localmente fortes que poderán superar os 80 mm en 12 horas na provincia de Pontevedra e suroeste da provincia de A Coruña.

Asemade está activada a alerta en nivel amarelo por fortes ventos, con rexistros que poden superar os 90 Km/h no oeste e noroeste da provincia de A Coruña e na Mariña Lucense e os 80 km/h en toda a provincia de Pontevedra e no interior e suroeste da provincia da Coruña.

Con base nas previsións expostas, dende a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cursanse as seguintes instrucións:

1.Quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre nos centros docentes de ensino non universitario no período indicado na referenciada alerta por fenómenos meteorológicos adversos.
2.Deben de adoptarse as medidas oportunas para evitar ou minimizar os posibles efectos dos fortes ventos/intensas choivas: asegurar peches de portas e fiestras así como ocos de acceso aos tellados, deixar libres e operativos os sumidoiros e desagues; adoptar medidas singulares naquelas zonas ou espazos nos que xa se tivesen producido episodios do asolagamento;..).
3.Os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento a evolución da presente alerta meteorolóxica (segundo a información actualizada que facilita a páxina web www.112galicia.org). De selo caso, facultase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas que poidan concorrer no ámbito territorial do seu centro, adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas.

BECAS CURSOS NO ESTRANXEIRO 2010

Descargar el archivo adjunto original
CURSOS DE INGLÉS, FRANCÉS E ALEMÁN NO ESTRANXEIRO

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 12 DE MARZO.

Curso Nº de prazas e réxime Distribución Lugares realización e duración Achega económica das familias
1º e 2º de
Bacharelato 420 prazas
aloxamento con familias

1º Bach: 220 prazas
2º Bach: 200 prazas
320 inglés

100 francés

Canadá

Tres semanas ou catro

310 euros
2º, 3º e 4º
da ESO

4º ESO: 582 prazas
aloxamento con familias

3º ESO: 550 prazas
aloxamento con familias


2º ESO: 300
aloxamento en residencias
470 inglés
100 francés 12 alemán
450 inglés
100 francés

200 inglés
100 francés

Reino Unido
Irlanda
Francia

Alemaña


3º e 4º: Tres semanas

2º: Dúas semanas ou unha semana

2º ESO:150 euros
3º e 4º ESO: 175 euros

1º da ESO 395 prazas
aloxamento en campamentos
ou residencias
395 inglés Distintos puntos da
xeografía española
Dúas semanas 120 euros




REQUISITOS: Non ter a axuda no verán de 2008 ou 2009.

Nota mínima na área de lingua estranxeira de 6.

Ter aprobadas tódalas materias no curso pasado 2008-09.


INFORMACIÓN: NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES LELIADOURA.

TFNO: 981-874633/981-872019. Preguntar por Ana Álvarez

NA PÁXINA WEB: WWW.edu.xunta.es/axudasle

FESTA ENTROIDO 2010


A ANPA "SAN ROQUE" DO I.E.S LELIADOURA E A ANPA "A GUIA" DA E.E.I. "A CAPELA" E DO C.E.P DE CARREIRA COLABORAN NA FESTA DE ENTROIDO 2010 NA CASA DE CULTURA DE CARREIRA ORGANIZADA POLA AAVV DE CARREIRA.

EXCURSIÓN A CORUÑA 6/02/2010

NO ELEVADOR PANORAMICO DO PARQUE DE SAN PEDRO

NA PISTA DE PATINAXE DO COLISEUM


O MAR SOBE ATA O LELIADOURA

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/01/29/0003_8259116.htm

A exposición fotográfica "Mans Salgadas" Cartografia Humana, 100 anos en imaxes da Asociación Sagres proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña permanecera aberta en horario escolar do 25 de xaneiro ó 25 de febreiro de 2010.

VIAXE A CORUÑA


A ANPA SAN ROQUE organiza unha viaxe a Coruña o vindeiro sabado día 6 de febreiro de 2010:
Pista de patinaxe sobre xeo do Coliseum
Visita ó museo científico do Domus
Visita a Torre de Hercules e visita o parque de San Pedro.
Envianos un correo si queres ir de viaxe a Coruña:

MAGOSTO 2009


ESTE SABADO 7 DE NOVEMBRO NA CASA DE CULTURA DE CARREIRA FACEREMOS O MAGOSTO A PARTIR DAS 17:00 HORAS ACOMPAÑADOS POLA ACTUACION DO GRUPO DE GAITAS DE RIO DE ANXO SUBVENCIONADA POLA REDE CULTURAL DA DIPUTACION DA CORUÑA.

NON FALTEDES!!

COLABORAN:

AAVV CARREIRA
DIPUTACION DA CORUÑA

NIN UN PASO ATRAS


Baixo o lema "nin un paso atrás" convocada pola federacion de anpas, as nais e pais da "A.N.P.A. San Roque" concentramonos diante do I.E.S. Leliadoura para que se manteña o sistema de gratuidade dos libros de texto.

VIAXE A ILLA DE SALVORA


O domingo 21 de xullo viaxamos a illa de Sálvora no barco Fly Delfin
onde visitamos a aldea, o faro , a fonte das Telleiras...
unha marabillosa experiencia e de encontro ca natureza .

LETRAS GALEGAS 2009 RAMON PIÑEIRO

Espectáculo ofrecido por Serafin Marcos sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro
"ruptura ou cambio"
Neste espectáculo combínanse diversas técnicas e disciplinas que intentan desencadear no espectador unha serie de sensacións que o inviten a iniciar a reflexión sobre a gran influencia que tivo Ramón Piñeiro na historia recente do noso país. Trátase de espertar a inquedanza. Téntase abrir un porta que nos permita afondar no coñecemento da figura e a obra deste persoeiro. Recitado, dramatización, ritmo, música, símbolos. Todas son ferramentas que Serafín Marcos utiliza para cativar a atención do espectador.

Os textos de Marina Mayoral e Carlos Casares serven de introducción para achegarnos á vida e a obra de Ramón Piñeiro. A partir de aquí o espectáculo continúa con accións máis dinámicas e participativas que nos invitan a facer un percorrido polas circunstancias vitais deste persoeiro e os temas e as características máis sobranceiras da súa obra: os primeiros recordos da infancia, a Guerra Civil, a fundación da Editorial Galaxia, as reflexións filosóficas sobre a saudade, a lingua, a arte...