FESTIVAL DE VARIEDADES

Instrucións en relación á previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos

Instrucións en relación á previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos
Mar, 23/02/2010 - 14:30 As previsións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior anuncian para os vindeiros días 24 e 25 fenómenos meteorológicos adversos por intensas choivas (nivel laranxa) con precipitacións persistentes e localmente fortes que poderán superar os 80 mm en 12 horas na provincia de Pontevedra e suroeste da provincia de A Coruña.

Asemade está activada a alerta en nivel amarelo por fortes ventos, con rexistros que poden superar os 90 Km/h no oeste e noroeste da provincia de A Coruña e na Mariña Lucense e os 80 km/h en toda a provincia de Pontevedra e no interior e suroeste da provincia da Coruña.

Con base nas previsións expostas, dende a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cursanse as seguintes instrucións:

1.Quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre nos centros docentes de ensino non universitario no período indicado na referenciada alerta por fenómenos meteorológicos adversos.
2.Deben de adoptarse as medidas oportunas para evitar ou minimizar os posibles efectos dos fortes ventos/intensas choivas: asegurar peches de portas e fiestras así como ocos de acceso aos tellados, deixar libres e operativos os sumidoiros e desagues; adoptar medidas singulares naquelas zonas ou espazos nos que xa se tivesen producido episodios do asolagamento;..).
3.Os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento a evolución da presente alerta meteorolóxica (segundo a información actualizada que facilita a páxina web www.112galicia.org). De selo caso, facultase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas que poidan concorrer no ámbito territorial do seu centro, adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas.

BECAS CURSOS NO ESTRANXEIRO 2010

Descargar el archivo adjunto original
CURSOS DE INGLÉS, FRANCÉS E ALEMÁN NO ESTRANXEIRO

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 12 DE MARZO.

Curso Nº de prazas e réxime Distribución Lugares realización e duración Achega económica das familias
1º e 2º de
Bacharelato 420 prazas
aloxamento con familias

1º Bach: 220 prazas
2º Bach: 200 prazas
320 inglés

100 francés

Canadá

Tres semanas ou catro

310 euros
2º, 3º e 4º
da ESO

4º ESO: 582 prazas
aloxamento con familias

3º ESO: 550 prazas
aloxamento con familias


2º ESO: 300
aloxamento en residencias
470 inglés
100 francés 12 alemán
450 inglés
100 francés

200 inglés
100 francés

Reino Unido
Irlanda
Francia

Alemaña


3º e 4º: Tres semanas

2º: Dúas semanas ou unha semana

2º ESO:150 euros
3º e 4º ESO: 175 euros

1º da ESO 395 prazas
aloxamento en campamentos
ou residencias
395 inglés Distintos puntos da
xeografía española
Dúas semanas 120 euros




REQUISITOS: Non ter a axuda no verán de 2008 ou 2009.

Nota mínima na área de lingua estranxeira de 6.

Ter aprobadas tódalas materias no curso pasado 2008-09.


INFORMACIÓN: NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES LELIADOURA.

TFNO: 981-874633/981-872019. Preguntar por Ana Álvarez

NA PÁXINA WEB: WWW.edu.xunta.es/axudasle

FESTA ENTROIDO 2010


A ANPA "SAN ROQUE" DO I.E.S LELIADOURA E A ANPA "A GUIA" DA E.E.I. "A CAPELA" E DO C.E.P DE CARREIRA COLABORAN NA FESTA DE ENTROIDO 2010 NA CASA DE CULTURA DE CARREIRA ORGANIZADA POLA AAVV DE CARREIRA.

EXCURSIÓN A CORUÑA 6/02/2010

NO ELEVADOR PANORAMICO DO PARQUE DE SAN PEDRO

NA PISTA DE PATINAXE DO COLISEUM