INSCRICION NARRATIVAS DIXITAIS

NARRATIVAS DIXITAIS
proxecto educativo de novas tecnoloxías
>>Máis información en : http.ecoarte.info/narrativas

Aguiño
Do 12 ao 15 de xullo de 2010
Núm. Participantes: 16
Idade: 14 a 18 anos

Narrativas dixitais é un proxecto educativo dirixido aos rapaces de Aguiño e Carreira para difundir as novas tecnoloxías como medio de coñecemento e exploración do seu medio.

A actividade iníciase cun taller na Confraría, no que os alumnos deben decidir en grupo que tema queren tratar e en que forma.
Despois de se organizaren en pequenos equipos, estarán listos para cámara en man saír á rúa e relatar en primeira persoa a súa realidade máis próxima, compartir algunha experiencia, dar visibilidade ao seu medio...

Para facelo aprenderán a:
- Traballar con imaxes: editar, manipular, corrixir color e montar de imaxes (taller de foto).
-Traballar co son: editar, manipular e montar audio (taller de audio).
-Editar un vídeo e manipular e corrixir color (taller de vídeo).
Estas narracións dixitais estarán expostas nos meses de xullo e agosto no Salón da Confraría e en pantalla grande proximamente...
Narrativas dixitais é un proxecto dos grupos de traballo do Laboratorio del Procomún en colaboración con Medialab Prado. Coordinadores: Juan Freire e Karla Brunet.

Se queres inscribirte como participante enche este sinxelo formulario.


OLLOBOI XA TEN GAÑADORES

http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2010/05/20/0003_8494729.htm


VIDEOS GAÑADORES DO II FESTIVAL AUDIOVISUAL GALEGO OLLOBOI

PREMIO RODAXE

Unha curta realizada por alumnado do IES Leliadoura de Ribeira

Actores: Raquel Jallas, Jonathan Vázquez, Héctor Riveiro e Mary González.
Cámara: Mary González e Raquel Jallas
Axudante artístico: Jonathan Vázquez

Agradecementos: Maite Bellas, Nacho Rodiño, Elvira Blanco e Noemi García.

PREMIO IMPINXIDELA
O Gato con Fame

Curta de animación realizada por Pablo Lado Vidal na clase de Cultura Audiovisual do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña de Boiro.

PREMIO ESPECIAL OLLOBOI DO PUBLICO
Galegando Lipdub

Galegando from eticolmeiro on Vimeo.



Lipdub realizado polo alumnado da asignatura de Ética e Filosofía do Dereito do IES Pintor Colmeiro (Silleda-Pontevedra).

II CONCURSO AUDIOVISUAL GALEGO OLLO BOI

II Concurso Audiovisual Galego OlloBoi

II Concurso Audiovisual Galego OlloBoi

O ENDL e mais o Grupo Rodaxe organizan desde o IES Leliadoura o II Concurso Audiovisual Galego OlloBoi.

O que se pretende nesta edición é recompilar traballos audiovisuais non profesionais preferiblemente en lingua galega.
Se tes un vídeo que presentar só tes que telo pendurado dalgunha web (youtube, vimeo, daylimotion, etc) e cubrir o formulario de inscrición en http://rodaxe.info.
Pero dáte présa, o prazo remata o 10 de maio!

Do 10 ao 18 de maio poderase acceder e visualizar os traballos presentados así como votar polo teu preferido. Entre todos os votantes sortearanse lotes de camisetas e DVDs cos vídeos do concurso.

A entrega de premios levarase a cabo nun acto público celebrado o 18 de maio ás 21:00 no Auditorio de Ribeira. Estás invitado!

Máis información sobre bases, prazos, premios e regalos en http://rodaxe.info, escribindo a rodaxe@gmail.com ou chamando ao 666.676.377 (Óscar).

Participa e difunde!

>El Leliadoura promueve el segundo concurso audiovisual gallego OlloBoi

www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_8471969&idSeccion=75B10B380A80B1970017703957D79D15

DO 3 O 14 DE MAIO EXPOSICION : IMAXES E SONS DA VIDA BAIXO O FRANQUISMO