INSCRICION NARRATIVAS DIXITAIS

NARRATIVAS DIXITAIS
proxecto educativo de novas tecnoloxías
>>Máis información en : http.ecoarte.info/narrativas

Aguiño
Do 12 ao 15 de xullo de 2010
Núm. Participantes: 16
Idade: 14 a 18 anos

Narrativas dixitais é un proxecto educativo dirixido aos rapaces de Aguiño e Carreira para difundir as novas tecnoloxías como medio de coñecemento e exploración do seu medio.

A actividade iníciase cun taller na Confraría, no que os alumnos deben decidir en grupo que tema queren tratar e en que forma.
Despois de se organizaren en pequenos equipos, estarán listos para cámara en man saír á rúa e relatar en primeira persoa a súa realidade máis próxima, compartir algunha experiencia, dar visibilidade ao seu medio...

Para facelo aprenderán a:
- Traballar con imaxes: editar, manipular, corrixir color e montar de imaxes (taller de foto).
-Traballar co son: editar, manipular e montar audio (taller de audio).
-Editar un vídeo e manipular e corrixir color (taller de vídeo).
Estas narracións dixitais estarán expostas nos meses de xullo e agosto no Salón da Confraría e en pantalla grande proximamente...
Narrativas dixitais é un proxecto dos grupos de traballo do Laboratorio del Procomún en colaboración con Medialab Prado. Coordinadores: Juan Freire e Karla Brunet.

Se queres inscribirte como participante enche este sinxelo formulario.


No hay comentarios: