LETRAS GALEGAS 2009 RAMON PIÑEIRO

Espectáculo ofrecido por Serafin Marcos sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro
"ruptura ou cambio"
Neste espectáculo combínanse diversas técnicas e disciplinas que intentan desencadear no espectador unha serie de sensacións que o inviten a iniciar a reflexión sobre a gran influencia que tivo Ramón Piñeiro na historia recente do noso país. Trátase de espertar a inquedanza. Téntase abrir un porta que nos permita afondar no coñecemento da figura e a obra deste persoeiro. Recitado, dramatización, ritmo, música, símbolos. Todas son ferramentas que Serafín Marcos utiliza para cativar a atención do espectador.

Os textos de Marina Mayoral e Carlos Casares serven de introducción para achegarnos á vida e a obra de Ramón Piñeiro. A partir de aquí o espectáculo continúa con accións máis dinámicas e participativas que nos invitan a facer un percorrido polas circunstancias vitais deste persoeiro e os temas e as características máis sobranceiras da súa obra: os primeiros recordos da infancia, a Guerra Civil, a fundación da Editorial Galaxia, as reflexións filosóficas sobre a saudade, a lingua, a arte...

XUNTANZA DE PALILLEIRAS PONTEVEDRA

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

XUNTANZA DE PALILLEIRAS OURENSE

A asociacion de palilleiras Novo Milenio organiza unha Xuntanza de Palilleiras en Ourense, onde acudimos nais do curso de bolillos da ANPA SAN ROQUE do IES LELIADOURA acompañadas de un grupo da asociación Sartaxas de Porto do Son.
Unha xornada de xuntanza , aprendizaxe e de curiosidade dos distintos materiais e distintos traballos do encaixe de bolillos que se levaron.



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

ACTUACION DO MAGO RICHARD


TECNOMAXIA
O mago Richard presenta o seu espectáculo de maxia no que se mistura o ilusionismo co pragmatismo científico mediante aparellos tecnolòxicos e ferramentas de uso cotiá espectáculo de maxia dirixido a rapaces de 12 a 18 anos. Contidos didácticos para as áreas científico tecnoloxías.
Esta é unha actuación da rede cultural subvencionada pola Diputación da Coruña.



A MAXIA DA LUZ Como todos sabemos a luz e fonte da nosa enerxía, e precisamente tamen e de ahí e de onde proven toda a forza máxica para facer o espectáculo Nesta parte realizanse efectos de producción e viaxe da luz, asi como efectos con electricidade e elementos capaz de producir luz con ela ou incluso sin ela so co poder da maxia
A MAXIA DA MENTE E DAS FERRAMENTAS Esta e a parte do espectáculo onde mais participa o publico asistente porque entran en xogo as capacidades mentais dos asistentes e poder do mago para adivínalas. E todo relacionado coas ferramentas de uso cotia que todo o mundo coñece, e cun final totalmente sorprendente.
O que se pretende coa tecnoloxía máxica é posibilitar un achegamento por medio dos diversos xogos de maxia, os segredos da ciencia e da tecnoloxía; o coñecemento de novos términos tecnolóxicos da sociedad actual. Todo elo dentro dun clima ludico, de imaxinacion e de suspense.

A MAXIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS Abordase neste apartado as aplicacións á maxia das novas tecnoloxías, como poden ser a inarámica ou a multimedia.

FESTA DE ENTROIDO


A ANPA SAN ROQUE colabora na festa de entroido que organiza a asociacion de veciños de Carreira e que terá lugar na casa de cultura de Carreira o vindeiro 21 de febreiro a partir das 17:00.
Pedimos a colaboración de todos traendo productos típicos de estas festas.
Vinde disfrazados.

CLUB DE LECTURA

EXPOSICION "FREEMOS O CAMBIO CLIMÁTICO"


Do 10 ó 21 de novembro estará aberta a exposición "Freemos o cambio climatico" composta de 14 paneis cedidos pola asociacion Verdegaia sobre o cambio climatico.
Animovos a todos a que a veñades a ver na sala de usos multiples.

VIAXE AS ILLAS CIES XUÑO 2008


Muiñada de Amendo 2008


O sabado 31 maio III muiñada de Amendo organizada pola asociación Altofalante, coa colaboración das ANPAS

O programa:

ROMERIA

  • 11:30 Moenda e charla sobre os muiños de Amendo.

  • 12:00 Fornada e degustación de pan de millo elaborado no forno dun dos muiños.

  • 12:30 Repoboación polos rapaces e rapazas,tamén polos maoires, dun espacioqueimado dirixida por Juan Francisco Ramallo, Presidente da Comunidadede Montes de Carreira. Colocarase unha placa na zona repoboada.

  • 14:00 Xantar, (levarase comida para compartir)Presentación das "Pandereteiras da Escola de Música Bastantes Llon".

  • 16:00 Maquillaxe de Cara por Roulotte Papillotte.17:30 Contos no muiño, a cargo da escritora, actriz e contacontos: Paula Carballeira

SERAN



  • 18:30 Actuación do grupo musical: Renato Spencer&café caxaça.-

  • Troula e merenda.* Xornada amenizada por gaiteiros.*

  • Exposición fotografica da Muiñada 2007