LETRAS GALEGAS 2009 RAMON PIÑEIRO

Espectáculo ofrecido por Serafin Marcos sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro
"ruptura ou cambio"
Neste espectáculo combínanse diversas técnicas e disciplinas que intentan desencadear no espectador unha serie de sensacións que o inviten a iniciar a reflexión sobre a gran influencia que tivo Ramón Piñeiro na historia recente do noso país. Trátase de espertar a inquedanza. Téntase abrir un porta que nos permita afondar no coñecemento da figura e a obra deste persoeiro. Recitado, dramatización, ritmo, música, símbolos. Todas son ferramentas que Serafín Marcos utiliza para cativar a atención do espectador.

Os textos de Marina Mayoral e Carlos Casares serven de introducción para achegarnos á vida e a obra de Ramón Piñeiro. A partir de aquí o espectáculo continúa con accións máis dinámicas e participativas que nos invitan a facer un percorrido polas circunstancias vitais deste persoeiro e os temas e as características máis sobranceiras da súa obra: os primeiros recordos da infancia, a Guerra Civil, a fundación da Editorial Galaxia, as reflexións filosóficas sobre a saudade, a lingua, a arte...

No hay comentarios: